Deseño de interiores,
fabricación de produto

O Gato Farto une enxeñería industrial e manufactura artesanal. Ideamos, prototipamos e fabricamos produtos únicos, mobiliario á medida e deseñamos espazos.

Servizos de deseño e fabricación á medida

Especializacións

Deseño de Produto

Deseño industrial, desenvolvemento técnico, prototipado e fabricación a pequena escala.

Deseño de Interiores

Planificación de espazos, reformas e adaptación de ambientes contract ou residenciais.

Carpintaría e Forxa

Mobiliario á medida, estruturas de madeira, pezas metálicas artesanais e forxa artística.

Usuarios

Individual

Para particulares que precisan carpintaría personalizada e solucións de interiorismo únicas que non existen nas grandes superficies.

Profesional

Estudios e comercios que procuran optimizar o seu espazo ou mellorar o seu rendemento produtivo.

Industrial

Deseño e desenvolvemento de novos produtos que achegan valor de marca e diferenciación fronte á competencia.

Como traballamos

Comunicación

Traballamos moi próximo ao cliente para entender necesidades reais e acadar solucións prácticas.

Uso

Focalízamonos na experiencia de uso e na ergonomía para garantir aceptación e utilidade.

Formación

Equipo pluridisciplinar e formación continua para ofrecer solucións técnicas sólidas.

Sostibilidade

Priorizamos materiais reaproveitados e procesamentos de baixa pegada ambiental.

O equipo detrás do Gato Farto

Nerea Domínguez - Deseño de interiores Betanzos

Nerea Domínguez Vázquez

Deseño de Interiores e Produto | Betanzos

Apaixonada polo deseño, curiosa e con moitas ganas de aprender do mundo que me rodea, formeime como deseñadora de produto e continuei formándome como deseñadora de interiores. Unha cativa que pasaba tardes enteiras creando diferentes mundos nos Sims e que a día de hoxe lle encanta facer o mesmo para persoas reais.

Ángel García - Deseño industrial, carpintaría e forxa en Betanzos e A Coruña

Ángel García Costoya

Deseñador Industrial e Artesán | Bertamiráns

Dende neno interesado polo traballo manual e a curiosidade polos aspectos técnicos do que me rodea. Formado en electricidade e electrónica, e posteriormente cursado o Grao en Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto, para máis tarde realizar o Mestrado Universitario en Sistemas Aéreos Non Tripulados, posúo sólidos coñecementos en deseño complementados con sistemas tecnolóxicos.

Deseño local con visión industrial en Galicia

En esencia, somos dous amigos, da Galicia Profunda, con arraigo ás nosas raíces, e respectuosos coa contorna. Os nosos camiños atopáronse durante a nosa formación en Deseño Industrial, e máis tarde complementáronse con estudos técnicos, de interiorismo e procesos de fabricación tanto manual coma industrial.

A nosa motivación é aportar solucións individualizadas e específicas para cada usuario. Ofrecemos servizos integrais que van dende o deseño de interiores e planificación de espazos, ata proxectos de carpintaría á medida, estruturas metálicas e forxa artesanal, cubrindo tamén o deseño gráfico e o desenvolvemento de calquera proxecto creativo.

Queremos aportar calidade de vida ás persoas, atendendo a aspectos como a funcionalidade e a durabilidade, xa que consideramos que iso implica despreocuparse da caducidade e obsolescencia. É por este motivo que nos gusta que o que facemos permita a adaptación e a reparación, de xeito que o noso traballo culmine nun modelo sostible de quilómetro cero.

O Gato Farto é un espazo creativo onde ti decides. Se precisas desenvolver algún proxecto de deseño, xexa de interiores, carpintaría ou forxa artesanal, cóntanos: que necesitas?

Orzamentos e Consultas

Cóntanos a túa idea. Atendemos proxectos en Bertamiráns, Santiago, Betanzos, A Coruña e arredores.

Ou escríbenos a info@ogatofarto.com

Ou chama ao +34 613 85 94 70